Manuel de Falla |
Data nacemento: 23 de novembro de 1876, Cádiz (España).
Data morte: 14 de novembro de 1946 , Alta Gracia (Arxentina).
Nacionalidade: Española.
Movemento artísitico: Nacionalismo
Artista: Compositor e pianista.
Recibiu as súas primeiras leccións musicais da súa nai, unha excelente
pianista que, ao advertir os innegables dotes do seu fillo, non dubidou
en confialo a mellores profesores. Na súa infancia, Manuel de Falla soñaba con ser escritor ou debuxante. Aos doce anos escribe unha revista caseira chamada "O Cascabel" onde el mesmo é director, empresario e columnista.
En 1893, tras asistir a un concerto en Cádiz onde se interpretaron,
entre outras, obras de Edvard Grieg sentiu, segundo as súas propias
palabras, que a súa "vocación definitiva é a música".
A partir de 1896 comezou a viaxar a Madrid para asistiu ao Real Conservatorio de Música.
En 1901 coñeceu a Felipe Pedrell, quen tería notable influencia na súa
posterior carreira xa que espertou nel o interese polo flamenco e, en
especial, polo cante jondo. A música popular, o folclore, entraron a formar parte tamén do seu universo.
A vida de Falla está marcada por cinco cidades: Cádiz, Granada, Madrid,
París e Bos Aires. Entre 1907 e 1914 viviu en París, onde coñeceu a
Debussy e Ravel.
Outras cousas:
# Os
últimos vinte anos da súa vida pasounos traballando na que
consideraba había de ser a obra da súa vida: a cantata escénica A
Atlántida, sobre un poema do poeta en lingua catalá Jacint Verdaguer,
que lle obsesionou desde a súa infancia. O estalido
da guerra civil española obrigoulle a buscar refuxio en Arxentina, onde
lle sorprendería a morte sen que puidese culminar a súa última obra. A
tarefa de finalizala segundo os esbozos deixados polo mestre
correspondeu ao seu discípulo Ernesto Halffter.
# Falla foi o único compositor participante na homenaxe dedicada a Góngora
en 1927 que serviu para definir á "Xeración do 27". A súa amizade con
Lorca ou Alberti, ou a súa correspondencia con Gerardo Diego, son só
uns exemplos da intensa vida intelectual despregada polo compositor, o
único español logo de tres séculos, con Albéniz e Granados, que
conseguiu renome internacional, e o máis dotado dos tres.
# Manuel de Falla, tiña unha forte aversión á sucidade,
ata o punto de ter que desinfectar persoalmente con alcol cada unha das
teclas do piano no que tocaba cando daba un concerto, polo simple feito
de que pasara por moitas mans. Tiña fobia aos microbios. Ata chegou a
desenvolver unha tendinite de tanto lavarse as mans.
# Gustáballe
tamén facer ximnasia e fíxose a súa propia táboa con recortes de
debuxos nos que aparecían deportistas levantando pesas.
# Manuel
de Falla era profundamente relixioso, cun concepto cristián da vida,
tomaba a comuñón a diario e se algún día non podía ir á igrexa era o
cura quen acudía á súa casa.
# Falla inxería unha gran cantidade de medicamento diaramente, sobre todo os que contiñan fosfatos.
# O recordo da morte do seu amigo García Lorca, xunto coas seus
aprensións leváronlle á idea absurda de que
o estaban envenenando por motivos políticos; temor que, segundo
Madariaga, impulsoulle a exiliarse en Arxentina ao final da súa vida.
Obras máis coñecidas:
- 1905 A vida breve (ópera).
- 1906 Catro pezas españolas (piano).
- 1915 Sete Cancións Populares Españolas (voz e piano), O amor bruxo (ballet), Noites nos Xardíns de España (piano e orquestra).
- 1919 O sombreiro de tres picos (ballet baseado no Corrixidor e a Molineira), Fantasía Bética (piano).
- 1920 Homenaxe a Debussy (guitarra).
- 1922 O retablo de Maese Pedro (obra escénica baseada no Quixote).
- 1924 Psyché (canto e cinco instrumentos).
- 1926 Concerto para clave e cinco instrumentos.