Fotografía de Debussy |
Nome: Claude Achille Debussy.
Data nacemento: 22 de agosto de 1862, San Germain en Laye (Francia).
Data morte: 25 de marzo de 1918 , Paris (Francia).
Nacionalidade: Francesa.
Movemento artísitico: Impresionista
Artista: Compositor e pianista.
As súas innovacións harmónicas abriron o camiño dos
radicais cambios musicais do século XX. Foi o fundador da denominada
escola impresionista da música.
Nace no seo dunha familia humilde, o seu pai era tendeiro, e sen tradición musical. Con todo, asistían de cando en vez ao Teatro lírico a ver as operetas de moda e en ocasións levaban ao seu fillo Clausde Debyssy. Unha representación do trobador, de Verdi trastornouno, segundo a súa propia confesión. En 1867 emigran a París. En 1870
declárase a guerra contra Prusia. O pai de Debussy enrólase na Garda
Nacional ascende a Capitán do exército da comuna. En maio de 1871 cae
prisioneiro e é condenado a catro anos de prisión. Cumpre un ano de
prisión e logo conmútaselle a pena por "catro anos de privación dos
dereitos cívicos, civís e d e a familia".
Como a situación da familianon era boa confíanlle a educación
do seu fillo a unha tía, quen conseguiu que unha alumna de Chopin (a
quen Debussy dedicaría os seus Preludios) lle dese clases de música. A preparación obtida nestas clases permitiulle ingresar no ano 1873 no Conservatorio de París.
No verán de 1880 conseguiu un emprego de acompañante como pianista de cámara e
profesor de piano dos fillos dunha rica dama rusa, Nadesda von Meck,
protectora de Chaikovski. Debussy pasou tres veráns percorrendo os mellores centros de veraneo en Europa coa señora Von Meck: Francia meridional, Suíza e Italia. Isto permitiulle coñecer a
Wagner. Debussy viu renovado o emprego nos veráns seguintes,
posiblemente ata 1884.
En 1884 gañou o cobizado Grand Prix de Roma pola súa cantata: "O fillo
pródigo". De acordo co premio, estudou en Roma, durante dous anos. Instalouse a vivir na villa Medici.
Cara
a 1909 maniféstanse os primeiros síntomas do cancro que acabaría coa
súa vida en París o 25 de marzo de 1918 angustiado polas débedas.
Outra cousas:
# Noctámbulo
e asiduo nos ambientes de café, de escasos recursos económicos e con
variados problemas persoais, Claude Debussy atravesou períodos de
depresión e outros de auxe e notoriedade pública.
# Debussy
tivo que conseguir un alumno a quen dar clases particulares de piano
para poder pagar o almorzo para el e a súa noiva en Brasserie Pousset
cando de casou, o 19 de outubro de 1899.
# Claude
Debussy advertiu ao seu amigo Manuel de Falla que non debía compor música para guitarra se
quería que o tomase en serio como compositor. Á morte de Debussy,
Falla rendeu un emocionante tributo ao seu amigo escribindo a súa única
obra para guitarra: "Homenaxe pour le tombeau de Debussy" (19209,
inspirada á súa vez nunha obra para piano de Debussy.
1884-1894 Cantata O fillo pródigo, A doncela elexida, Cuarteto en sol menor, Preludio á sesta dun fauno.
1895-1902 Tres Nocturnos, Prosas Líricas, Pélleas et Mélissande (ópera).
1905 O mar.
1908-1910 Children's comer, Homenaxe a Haydn, Rapsodia para clarinete e orquestra.
1911 O martirio de san Sebastián.
1912 Doce Preludios.
1913 Sonata para viola, arpa e frauta.
1915 Doce Estudos.
Obras máis coñecidas:
1895-1902 Tres Nocturnos, Prosas Líricas, Pélleas et Mélissande (ópera).
1905 O mar.
1908-1910 Children's comer, Homenaxe a Haydn, Rapsodia para clarinete e orquestra.
1911 O martirio de san Sebastián.
1912 Doce Preludios.
1913 Sonata para viola, arpa e frauta.
1915 Doce Estudos.