Vento (1)
Son aqueles instrumentos musicais nos que se produce o son pola vibración da columna de aire no seu interior, sen necesidade de cordas ou membranas.
1.- Vento madeira. Son aqueles instrumentos de vento construídos en madeira, pero tamén se inclúen neste grupo aqueles que sendo de metal, presentan un timbre similar aos de madeira.
Frauta |
Óboe |
Óboe. É é un tubo cónico duns sesenta centímetros, estreito na embocadura e ancho no pavillón. Está feito de madeira. É o máis agudo dos instrumentos da familia vento madeira. É o que lles dá o ton aos outros instrumentos da orquestra para afinar. A forma actual deste instrumento aparece no século XVII. No século XIX houbo un verdadeiro rexurdimento deste instrumento.
Fagot |
Fagot. É un tubo de madeira duns dous metros e medio de longo, dobrado en dous, para que o intérprete poida sostelo con facilidade. Nun dos extremos ten un tubo en forma de pescozo de cisne chamado tudel. No tudel é onde se sitúa a lingüeta de dobre cana . O músico axúdase para sostelo dunha correa que colga no pescozo. O seu rexistro é grave. Xurdiu a comezos do século XVIII.
Clarinete |
Clarinete: Consiste nun tubo cilíndrico de madeira que se ensancha ao final. Os buratos destápanse por medio dunhas chaves, que poden tapar máis dun burato. Cando sopramos facemos vibrar unha lingüeta simple de madeira, e prodúcese o son. Sóprase con suavidade, sen inchar as meixelas. As súas partes son: unha boquilla, un tubo e un pavillón ou campá. Durante o Barroco empregouse substituíndo á trompeta. O seu nome, etimoloxicamente, significa "trompeta pequena". Hoxe é un instrumetno da orquestra sinfónica e úsano as bandas, grupos de jazz e na música tradicional.
Saxofón |
Saxofón: Ten a boquilla dun clarinete, a sección cónica de óboe e o corpo de metal que lle proporciona unha gran potencia de son. Cando sopramos facemos vibrar unha lingüeta simple de madeira, e prodúcese o son. Este é o motivo polo que se inclúe na familia de vento madeira. Consta dunha serie de buratos que se abren ou pechan mediante chaves. Foi inventado por Adolph Sax, de aí vénlle o seu nome. Adolph Sax fixo saxofóns de 14 tamaños diferentes. Hoxe o saxofón é fundamental nos grupos de jazz.