Vento (2)
2.- Vento metal. Son os instrumentos que producen o son pola vibración dos beizos nunha boquilla ou embocadura e están feitos de metal, xeralmente latón.
Trompa |
Trompa. As primeiras foron utilizadas na caza e na guerra. Está formada por un longo tubo de metal duns 4,5 m. De sección cónica moi estreita, que se enrola varias veces sobre si mesmo, tanto en forma circular como en espiral, e que termina nunha ampla campá. Ten tres válvulas, e utiliza unha boquilla de metal en forma de embude. O son prodúcese pola vibración dos labios no interior da boquilla. O dedo polgar da man dereita, no interior da campá, manexa un cilindro que alterna a utilización dos dous tubos.
Trompeta |
Trompeta É o máis antigo dos instrumentos vento metal. A trompeta está formada por un tubo de metal dobrado sobre si mesmo de sección cilíndrica abríndose no seu extremo nunha moderada campá. Utiliza o sistema de pistóns que son como comportas que deixan pasar o aire. Utiliza unha boquilla de copa semiesférica. Cando sopramos, temos que conseguir que os labios fagan de lingüetas, batendo un contra o outro para poder producir o son. A trompeta é o instrumento máis agudo desta familia.
Trombón |
Trombón. En realidade son trompetas graves, polo que os sistemas de tubo e boquilla son similares aínda que de maior tamaño. Os trombóns máis usados non usan pistóns senón o sistema de varas: un tubo longo en forma de “U” que se desliza sobre o tubo principal con sete posicións que se corresponden coas notas musicais e en cada unha utilizando a tensión dos beizos prodúcense diferentes sons máis agudos ou máis graves. Durante a época barroca e clásica empregábase na música relixiosa. Hoxe é un instrumento da orquestra sinfónia e emprégase nas bandas e nos grupos de jazz. O seu aspecto externo cambiou pouco dende o século XV.
Tuba |
Tuba. É é o instrumento máis grave da familia de instrumento vento metal e o máis novo. Ten un tubo de sección cónica de diámetro amplo que termina nunha gran campá orientada cara arriba, ten de tres a cinco pistones.Ten un gran tamaño ( pesa uns 20 kg.) e habitualmente tócase sentado, apoiado sobre o corpo. É un instrumetno que se emprega bastante nas bandas.
3.- Outros instrumentos de vento:
órgano |
Órgano. Os sons xéranse facendo pasar aire por tubos de diferentes lonxitudes (desde poucos milímetros ata varios metros). Tócase con un ou varios teclados e uns pedales na parte inferior. O órgano tócase con mans e pés. No pasado o aire era suministrado por uns foles movido a man. Hoxe tamén se suministra por medio de comprensores.
Acordeon |
Acordeón. Instrumento con pouca presenza nas partituras orquestrais, arraigado nas músicas populares de todo o mundo. É un instrumento musical de vento, de orixe alemá, conformado por un fol, un diapasón e dúas caixas harmónicas de madeira. Nos seus dous extremos o fol está pechado polas caixas de madeira.