IMPORTANTE !! Recoméndase empregar o navegador firefox para unha correcta visualización desta páxina. Preme na icona para instalalo.
Corda
Son aqueles no que o son se produce ao facer vibrar as súas cordas. Carácterísticas xerais:
1.- Corda fretada. Son aqueles que producen as vibracións sonoras por medio da frotación das cordas, para iso emprégase o arco que é unha varilla de madeira. Estes instrumentos tamén se poden puntear cos dedos.
Violín |
Viola |
Viola: É máis grande que o violín e ten un son máis grave (ten unha corda mías grave). Mide 41 cm de lonxitude. Ten catro cordas. Sostense en posición horizontal. A viola, tal e como a coñecemos hoxe, apareceu entre os séculos XVI e XVII. Foi unha evolución, ao igual que o violín, da viola de arco. A partir do século XIX convertirase nun instrumento imprescindible xa que ata entón era considerada como un instrumento de recheo, secundario.
Violonchelo |
Violonchelo ou violoncello.É maís grande que a viola e seu son e máis grave. O seu corpo mide 75 cm de lonxitude. Ten catro cordas. Sostense en posición vertical, entre as pernas do intérprete, apoiado no chan por unha punta de aceiro. Apareceu a mediados do século XVI. Hoxe tamén hai un violonchelo electrónico que é empregado por algún grupo de "heavy metal". Tamén se lle chama "chelo".
Contrabaixo |
Contrabaixo. É o máis grande e grave da familia. Mide arredor de 1,85 m de altura. Ten catro cordas; aínda que hoxe tamén se constrúen con 5 cordas. O arco do contrabaixo é o máis curto de todos.Tócase de pé. No contrabaixo, moi a miudo, emprégase a técnica do "pizzicato" que consiste en tocar o instrumento cos dedos en lugar do arco. Esta técnica emprégase na música de jazz, rock e pop. Tamén é un instrumento que apareceu no século XVI. O seu gran tamaño e as súas grosas cordas de tripa facíano pouco manexable. Posteriormente cando se conseguiron unhas cordas máis finas posibilitou a redución do tamaño do instrumento e a súa manexabilidade.
Posición dos instrumentos |
2.- Corda punteada. Son aqueles instrumentos que producen as vibracións das cordas,- e polo tanto o son-, punteándoas cos dedos, uñas ou púas.
Arpa |
Guitarra |
Guitarra. É un instrumento polifónico. Consta de seis cordas afinadas de aguda a grave. Ten tres partes: caixa (tapa, ponte e roseta), mastro (traste e presilla) e caravilleiro (caravilla). O mastro ten unhas divisións que se chaman trastes. Para afinar as cordas ténsanse ou desténsanse a través das caravillas. No século XVIII xa aparece a guitarra de seis cordas. A guitárra clásica tamén se coñace como "guitarra española" xa que é un instrumento que tivo a súa en España. Utilízase na música popular e na música clásica pero non é un membro da orquestra sinfónica. O guitarrista Narciso Yepes utilizou unha guitarra de 10 cordas.
Guitarrista: NARCISO YEPES. Obra: "Recuerdos de la Alhmabra". Autor: Francisco Tárrega.
Guitarrista: ANDRÉS SEGOVIA. Obra: "Asturias". Autor: Isaac Albéniz.
3.- Corda percutida. Son aqueles instrumentos que producen o son ao golpear ou percutir as cordas.
Piano |