Instrumentos medievais

IMPORTANTE !! Recoméndase empregar o navegador firefox para unha correcta visualización desta páxina. Preme na icona para instalalo.

Organistrum
Instrumentos medievais
 Organistrum. É un instrumento de gran tamaño de corda fregada. Caracterízase porque as cordas están no interior e son fregadas por unha roda de madeira impregnada de resina accionada por unha manivela do extremo oposto ao clavilleiro.  Dado o seu tamaño, era necesaria a intervención de dous músicos, que o suxeitaban sobre as súas pernas.


Laúde
Laúde. É un instrumento de corda punteada. Caixa de resoancia en forma de pera, cunha abertura en forma de rosetón, mastro curto e o caravillerio tumbado cara atrás. É un instrumento que provén da cultura árabe. Nas descricións que apareces del nos códices é califcado como "instrumento moro". O percusor do laúde tña a tapa feita de pel, xa no século VII foi substituída por unha de madeira na súa parte superior, onde levaba unha roseta, mentras que a metade inferior seguía sendo de pel; a este instrumento chamouselle al'oud (en madeira) e de aí vén o termo laúde. Foi un instrumento moi utilizado entre os séculos XIV e XVIII e ata o século XX non se volveu a recuperar.