Violonchelo

Violonchelo/violoncello. Nome. Castelán: violonchelo/chelo/violoncello. Italiano: violoncello.  Francés: violoncelle. Inglés: cello. Alemán: cello. 
Familia. Corda fretada.
Como é? As partes do violoncelo son as mesmas que as do violín, pero estamos falando dun instrumento moito máis grande. Do mesmo xeito que o violín, componse dunha caixa de resonancia formada polo fondo, a tapa e os aros. A súa forma é bombeada. Sobre a tapa atópanse as efes, que son os orificios con esa forma en cada lado. Ademais, atópase o cordal, que retén ás cordas e entre as efes, a ponte, que conserva as cordas no alto. Dentro da caixa, atópanse a barra harmónica (ao longo da caixa) e a alma (baixo o pé dereito da ponte), que son os responsables do son do violoncelo. O mango contén ao diapasón, que do mesmo xeito que no violín, non ten trastes. O diapasón termina no caravilleiro. Entre o diapasón e o caravilleiro atópase a "cejuela", que recibe ás cordas para logo ser enroladas e tensadas polas catro caravillas no caravilleiro. Este último ten unha terminación en forma de caracol que se chama voluta. O seu corpo mide 75 cm de lonxitude. Ten catro cordas.
Como produce o son? Produce o son mediante un arco cun feixe de fibras de pelo de cabalo tensadas, que se frega sobre as catro cordas que posúe o instrumento. Ademais de co arco tamén se pode tocar o violonchelo cos dedos (pizzicato). A forma de tocar o violoncelo é sentado e apoiando o instrumento entre os xeonllos e elevado sobre unha punta de aceiro. Débese suxeitar o mango coa man esquerda e coa dereita deslizar o arco. O mastro debe quedar cara á esquerda do pescozo.
Historia. Apareceu a mediados do século XVI. Aínda que a súa aparición é case contemporánea á do violín, o violonchelo tardou moito máis en imporse xa que tivo que soportar durante moito tempo a competencia da "viola da gamba" (viola de perna). Hoxe tamén hai un violonchelo electrónico que é empregado por algún grupo de "heavy metal".
Curiosidades. Desde o século XX, as mulleres comezan a ser intérpretes de violoncelo, cousa que non ocorrera anteriormente. Durante moito tempo, só as mulleres de clase alta podían ter acceso aos instrumentos musicais, e non estaba ben visto pola sociedade a postura de suxeción do violoncelo, entre as pernas, considerándoa pouco aristocrática. Existe documentación doutro tipo de posturas adoptadas por algunhas mulleres violonchelistas, suxeitando o instrumento de lado.
Audición:

Partes do violonchelo
Partes interiores e exteriores do violonchelo


E... aínda máis sobre o violonchelo:

Prema aquí para tocar cun violonchelo virtual. 

Preme aquí para ver un violonchelo peza a peza

   Como se fai un violonchelo?  Todo o proceso para construír un violonchelo. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.
   Como se fai un violonchelo de fibra de carbono?  Todo o proceso para construír un violonchelo. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.

Move o violonchelo virtual.
.................................................