Retrato de Verdi |
Data nacemento: 10 de outubro de 1813, Busseto (actual Italia)
Data morte: 27 de xaneiro de 1901, Milán (Italia)
Nacionalidade: italiá.
Movemento artísitico: Romanticismo.
Artista: Compositor de óperas e organista.
Naceu nunha familia moi modesta, tivo a fortuna de contar coa protección de Antonio Barezzi, un comerciante de Busseto
afeccionado á música.
Grazas á súa axuda, o mozo puido desprazarse a Milán co propósito de
estudar no Conservatorio, o que non logrou porque
non superou as probas de acceso.
Tras estudar con Vincenzo Lavigna, quen lle deu a coñecer a música
italiana do pasado e a alemá da época, foi nomeado mestre de música de
Busseto en 1836, o mesmo ano en que contraeu matrimonio coa filla do seu
protector, Margherita Barezzi. O éxito que en 1839 obtivo en Milán a
súa primeira ópera, Oberto, conte dei San Bonifacio, procuroulle un
contrato co prestixioso Teatro da Scala. Con todo, o fracaso do seu
seguinte traballo, Un giorno dei regno, e, sobre todo, a morte da súa
esposa e os seus dous fillos, sumírono nunha profunda depresión na que
chegou a pensar no abandono da súacarreira musical.
Outras cousas:
# Á temperá idade de 3 anos Verdi xa empezaba a tocar o teclado.
# Verdi foi acusado, polo seu traballo na súa ópera Otelo, de copiar o estilo de Wagner. Acusacións que foron infundadas.
# Despois que a súa primeira esposa morreu, Verdi casou con Giuseppina Strepponi, unha soprano.
# O conservatorio de Milán, que lle denegou a súa entrada de moza,
quixo renombrarse co nome do propio compositor, grazas á súa
popularidade e éxito na súa madurez, ao que el contestou: «Non me
quixeron de mozo, non se por que me queren de vello». Actualmente o
conservatorio leva o seu nome.
# Verdi necesitaba un aria para terminar a súa ópera "Rigoletto", e a tarde
anterior á estrea aínda non a tiña composta, de mal humor, compuxo algo que el
considerou de pouca categoría. Esa aria é "A donna é moblie", unha das
máis populares da música clásica.
# Verdi morre en Milán, o 27 de xaneiro de 1901, por mor dun derrame
cerebral. Unha gran multitude na proseción fúnebre entoou o coro dos
escravos de "Nabucco" ("Vai pensiero sull'ali dorate").
# En Exipto, no istmo de Suez, construíron unha canle para comunicar o mar
Mediterráneo co mar Vermello, e
aforrarse dar toda a volta a África. As obras remataron despois duns 10
anos. Para a inauguración da canle, que estaba baixo o dominado francée,
ocorréuselles encargar unha música
especial a un italiano. Ese italiano era Verdi. Verdi, que debía compoñer unha obriña curta
para inaugurar unha canle, acabou compoñendo unha ópera faraónica (moi longa na súa duración e moi grande en canto aos intérpretes que ían participar) que non se puido utilizar. Entre
outras cousas porque non lle dió tempo a Verdi a rematala. "Aída", que asi é comose chamou a obra, estreouse dous anos
despois, no Cairo, e Verdi pasou de ir á estrea porque non lle
gustaban as viaxes longas en barco. A obra foi un gra éxito e a Verdi comunicáronllo por telegrama. Hoxe Aída está considerada unha das grandes óperas da historia da música.
Obras máis destacadas:
- 1842 Nabucco (ópera).
- 1851 Rigoletto (ópera).
- 1853 A Traviata (ópera).
- 1857 Simón Bocanegra.
- 1859 Un ballo in Maschera (ópera).
- 1862 A forza do destino (ópera).
- 1871 Aída (ópera).
- 1874 Misa de Réquiem.
- 1886 Otello (ópera).
- 1893 Falstaff (ópera).