Data nacemento: 17 de xuño de 1882, Oranienbaum (Rusia).
Data morte: 6 de abril de 1971, Nova York (Estados Unidos).
Nacionalidade: Rusa, francesa e estadounidense.
Movemento artísitico: Século XX
Artista: Compositor, pianista e director de orquestra.
O seu pai era un importante cantante de ópera (baixo) na Ópera Imperial. De neno, recibiu
leccións de piano, pero o seu pai non alentou para que
fixese da música a súa carreira. Igor Stravinsky ingresou na
Universidade de San Petersburgo para estudar a carreira de Dereito,
pero seguiu tomando sen interrupción leccións particulares de música.
Cando tiña 19 anos, Stravinsky coñeceu a Rimski Korsakov, o gran
compositor ruso. Por indicación súa, abandonou Stravinsky o estudo do
Dereito e dedicouse de maneira total á composición musical.
Compuxo unha gran cantidade de obras clásicas abordando varios estilos
como o primitivismo, o neoclasicismo e o serialismo, pero é coñecido
mundialmente sobre todo por tres obras da súa etapa iniciail: "O paxaro de fogo" (1910),
"Petrushka" (1911) e A consagración da primavera (1913).
Para moitos, estes ballets clásicos, atrevidos e innovadores,
practicamente reinventaron o xénero. Stravinski tamén escribiu para
diversos tipos de conxuntos nun amplo espectro de formas clásicas, desde
óperas e sinfonías a pequenas pezas para piano e obras para grupos de
jazz.
Outras cousas:
# O estreo da ópera "A consagración da primavera" o 29 de maio de 1913 no teatro dos "campos Elíseos" en París provocaron no
público un dos maiores escándalos da historia da música. O escándalo desta estrea non se debeu só á música.
A atrevida coreografía de Nijinsky e o vestiario excesivamente livián
dos bailaríns resultaron ser demasiado provocativos para a conservadora
sociedade parisiense do momento. As crónicas da época relatan que o público preparou tal
rabecha que a música apenas resultaba audible. Os golpes e berros de
protesta dos uns mesturábanse coa euforia e os aullidos de apoio dos
outros.
Foi unha batalla campal (houbo lanzamento de laranxas ao escenario) na que participaron ata as damas, chegando a
concertarse varios duelos que ao día seguinte se levaron a efecto.
# Stravinski, presente no teatro o día do estreo da ópera "A consagración da primavera",
retirouse entre bastidores ante o cariz que estaban tomando os
acontecementos mentres que Nijinski, empolicado sobre unha caixa,
gritaba en ruso aos seus bailaríns os números da coreografía. A todo
isto, un xenial Pierre Monteux continuaba impertérrito dirixindo á
orquestra, coma se a cousa non fose con el, á vez que se
acendían e apagaban as luces da sala nun desesperado intento de
tranquilizar o tumulto alí organizado. A condesa de Pourtales, presa dun soponcio, rompeu o seu abanico da
rabia e comezou a gritar vermella de cólera: "¡É a primeira vez que se
burlan de min!".
# O argumento da ópera "A consagración da primavera" xa resultaba bastante forte: trataba do sacrificio
ritual dunha moza virxe, elixida para celebrar a chegada da primavera
bailando ata a morte ante a súa tribo. Todo iso desenvolvíase no
escenario dunha Rusia arcaica, pagá e étnica. É este argumento o que
condiciona a Stravinsky para deseñar unha obra chea de recursos rítmicos
e percusivos, case salvaxes, que rozan o obsesivo.
# Cóntase que en 1.966, Leonard Bernstein, logo de dirixir
espectacularmente A Consagración da primavera, achegouse apresuradamente
a Stravinsky e axeonllouse ante el, a modo de dramática homenaxe. O
mestre Stravinsky reaccionou dicindo bruscamente: "Lenny, todos os teus tempos
estiveron mal."
# Un
deses modelos de coches que está só ao alcance duns cantos
privilexiados, o BMW 520d, estrea novo anuncio en España baixo o case
sempiterno lema da firma no noso país, "Gústache conducir?".
A mensaxe que envía a marca alemá é clara, tal e como indica o slogan
"Se algo se pode facer mellor, fagámoslo mellor". E para tal fin sérvese
de imaxes de arquivo do compositor ruso Igor Stravinsky mentres preparaba un concerto para orquestra. Nesas imaxes, podemos observar como o seu nivel de perfeccionamento
queda moi patente a cada segundo, coidando ata o máis mínimo detalle,
que é precisamente a idea que se quere trasladar ao espectador respecto
ao acabado do novo automóbil de BMW. Ver anuncio: # A achega de Stravinsky á campaña publicitaria non é meramente visual, senón que tamén se utiliza a súa "Andantino" que forma parte do terceiro movemento da suite "Pulcinella", a mesma peza que ensaia no anuncio unha e outra vez ata obter o resultado esperado.
# Falecido en Estados Unidos pero os seus restos mortais foron inhumados en Venecia.
# Foi considerado pola revista "Time" como unha das personalidades máis influentes do século XX.
# Unha das súas citas máis famosas é: "a música é incapaz de expresar nada por si mesma".
Obras máis coñecidas:
- 1910 O paxaro de fogo (suite de ballet).
- 1911 Petruchka (suite de ballet).
- 1913 A consagración da primavera (suite de ballet).
- 1918 Asas vodas.
- 1927 Edipo Rei (ópera oratorio).
- 1930 Sinfonía dos Salmos.
- 1936 Xogo de naipes (suite de ballet).
- 1945 Ebony Concert.
- 1954 In Memoriam Dylan Thomas.
- 1966 Requiem Canticles.