Nome. Castelán: pandereta. Italiano: tamburello basco. Francés: tambourin. Inglés: tambourine. Alemán: tamburin.
Familia. Percusión indeterminada.
Pandeireta |
Como produce o son? Prodúcese o son batendo o coiro contra os dedos, a palma da man, o puño ou o pulso, ou
ben facendo vibrar o coiro por fricción cos dedos, nun movemento que se
chama repenicar ou triscar.
Historia. A orixe do instrumento remóntase a varios miles de anos atrás, foi tocada
en Exipto, Asia Menor. Aparece mencionada na Biblia en varias ocasións
coma "tímpano", denominación coa que tamén se coñeceu en latín. A denominación galega procede do
latín "pandorius" aínda que, como acabamos de ver, "tímpano" foi talvez
o nome empregado polos romanos. Durante a Idade Media foi moi popular.
Curiosidades. Era un instrumento que adoitaban tocar as mulleres nos grupos de
pandereiteiras ao tempo que cantaban para animar as festas.
As ferreñas, furriñas, forreñas ou chapas para as pandeiretas fabricábanse antigamente recortando círculos de metal a partir de latas de conserva ou caldeiros vellos, despois cuns alicates rizábaselles algo as beiras e dábaselles unha forma lixeiramente cóncava.
O emprego dá man ou do puño á hora de tocala depende dá zona xeográfica na que se faga. Así en Pontevedra adoitase tanxer coa man esquerda aberta, en Ourense co puño, e non Norte de Lugo faise co puño e ou dedo polgar estendido.
Audición:

Partes da pandeireta |
E... aínda máis sobre a pandeireta: