Nome. Castela: pandero ou pandero redondo.
Familia. Percusión indeterminada.
Pandeira |
Como produce os son? O son prodúceo batendo as mans na pel e axitando o instrumento.
Historia. Ao longo da historia denomínase pandeira ou pandeiro indistintamente polo que é difícil discernir a cal dos dous se refire. En latín denominábase "timpano" e facía referencia aos dous instrumentos; aínda que o seu nome derive de "pandorius". Proba da popularidade que tivo a pandeira na época medieval,
no noroeste peninsular, é a talla en pedra dunha imaxe de
tocadora de pandeira nun capitel da igrexa de San Juan de Amandi
en Villaviciosa (Asturias), que data do século XII, así coma a
imaxe que aparece no cancioneiro da Axuda,
século XIII.
Curiosidades. Nos lugares de Galicia onde non se conservan as grandes pandeiras, as pequenas pandeiretas, reciben en ocasións tamén o nomoe de pandeiras.
É un dos instrumentos musicais populares galegos que están en maior perigo de desaparición.
Audición:
E... aínda máis sobre a pandeira:
Como é a pandeira? Diferenza entre pandeireta, pandeira e pandeiro. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.
Imaxes obtidas na web: http://www.consellodacultura.org/Feitas por: Alba Vázquez Carpentier