Na
Idade Media as notas denominábanse por medio das primeiras letras do
alfabeto: A, B, C, D, E, F (comezando pola actual nota la).
Naquela época adoitaba cantarse un himno a san Xoán "O Bautista" -coñecido
como Ut queant laxis- atribuído a Pablo o Diácono, que tiña a
particularidade de que cada frase musical empezaba cunha nota superior á
que antecedía. O monxe beneditino Guido
de Arezzo (995-1050) tivo a idea de empregar a primeira sílaba de cada
frase para identificar as notas que con elas se entoaban.
Ut queant laxis
Re soar fibris
Mira gestorum
Famuli torum
Solve polluti
Labii reatum
Traducido: "Para que os teus servos poidan exaltar a plenos pulmóns as marabillas
dos teus milagres perdoa a falta de beizos impuros, San Xoán".
Guido D'Arezzo denominou a este sistema de entonación "solmización", e máis tarde, "solfexo". Usaba este sistema para o ensino da música e prontamente adquiriu gran popularidade e o Papa ordenou a súa introdución inmediata na música da Igrexa. Nos países onde non chegaron os músicos latinos seguiron co antigo sistema das letras do alfabeto, tal é o caso de Inglaterra, Alemaña, os países escandinavos...
Guido D'Arezzo denominou a este sistema de entonación "solmización", e máis tarde, "solfexo". Usaba este sistema para o ensino da música e prontamente adquiriu gran popularidade e o Papa ordenou a súa introdución inmediata na música da Igrexa. Nos países onde non chegaron os músicos latinos seguiron co antigo sistema das letras do alfabeto, tal é o caso de Inglaterra, Alemaña, os países escandinavos...
Ut queant laxis |
Pero isto non se corresponde coa forma moderna coñecida
de escribir a música, xa que ten unha nota menos (só aparecen seis notas musicais) e unha liña menos no
plano de escritura (hoxe é un pentagrama).
Con respecto ao SI sinalemos que nesas épocas escuras da Idade Media e comezos da Idade Mderna a sétima nota era
considerada a nota do diaño, e era coidadosamente evitada. Estaba prohibido escribila porque pensaban que con ela estábase a chamar ao diaño.
No século XVII a notación musical chegou á disposición definitiva grazas a
tres innovacións:
- Desestimouse a ameaza de Satán e agregouse a sétima nota. Para nomeala tomáronse as iniciais do santo a quen ía dirixido o himno (Sancte Iohannes: SI)
- Para facilitar o solfexo, substituiuse a nota UT pola máis cantable DO (tomada de Dominus, señor). Outra versión indica que foi o musicólogo italiano Giovan Battista Doni (1593 - 1647) quen a substitución pola primeira sílaba do seu apelido.
- Engadiuse unha quinta liña ao plano de escritura musical alcanzando así a súa forma actual: o pentagrama.
Hoxe en día só se utiliza a denominación UT no idioma francés e para o Canto Gregoriano.
Peo hai outra versión sobre nome das notas... Conta a lenda que un vello zapateiro italiano, apellidado Re
(Rei) recibiu a visita dun cliente cun zapato para reparar, que lle dixo
"Do Re, mi fa suola" ou sexa "Don Rei,faime unha "suela"?" e o vello
zapateiro replicou "SI".