Percusión
É un tipo de instrumento musical no que o seu son orixínase ao ser golpeado ou axitado o instrumento musical.
1. Percusión indeterminada. Son aqueles instrumentos que non producen notas musicais, e só se poden facer con eles ritmos.
|
Bombo |
Bombo. É un tambor de gran tamaño que se golpea cun mazo de cortiza e produce un son grave e potente. Pode ter unha ou dúas membranas que se tensan con varillas ou parafusos. O seu son é tan potente que se pode escoitar a unha distancia considerable. O seu son recorda as pegadas dunha persoa.
|
Tambor |
Tambor. É un instrumento musical que consiste nunha ou dúas membranas tensadas chamadas parches suxeitas a un bastidor en forma de tubo chamado caixa. Faise soar golpeando a membrana coas mans ou con dúas baquetas. Tamén se pode percutir na caixa do tambor para producir son.
|
Pratos |
Pratos. Son discos finos, delgados e cóncavos, de bronce ou latón, que se chocan ou se golpean separadamente con baquetas duras ou brandas. No centro teñen un burato para colocar unha correa de coiro que fai a función de asa. A súa orixe está nun instrumento da Antigüidade chamado crótalo (semellante a unhas castañolas). Dende Oriente Medio chegaron ao Imperio romano onde os turcos aumnetáronlle o seu tamaño ata darlle un aspecto semellante ao que ten na actualidade. Na época do Romanticismo integrouse no grupo de instrumentos de percusión da orquetra sinfónica.
2.- Percusión determinada. Son aqueles instrumentos que producen notas musicais (do, re, etc.), e podemos facer con eles melodías.
|
Xilófono |
Xilófono. O seu nome vén do grego "xilo" (madeira) e "phono" (son). A súa orixe é incerta e en Europa aparece no seculo XV. É un instrumento de percusión que consiste nunha serie de láminas afinadas en escala cromática. As láminas son de madeira. En cada lámina está impresa a nota que produce. Tócase con dúas baquetas. Hoxe é un instrumento imprescindible na sección de percusión da orquetra sinfónica.
|
Timbal |
Timbais. Son unhas caixas de metal en forma semiesférica. Levan unha membrana na parte superior da caixa. Instálanse sobre un trípode de aros de madeira ou metálicos. A membrana soe estar feita de pel de cabra ou vaca. A percusión realízase con dous mazos de madeira. Segundo o grao de tensión da membrana obtéñense sons máis ou menos graves. é un instrumento que forma parte da orquetra sinfónica.