Georg Friedrich Händel |
Data Nacemento: 23 de febreiro de 1685, Ache
Data Morte: 14 de abril de 1759, Londres
Nacionalidade: Inglés de orixe alemá
Movemento artísitico: Barroco. Compositor e organista.
Georg Händel foi fillo dun barbeiro e cirurxián ao servizo do duque de Sajonia-Weissenfels. O temperán interese do neno pola música, non foi moi ben visto polo seu pai; quen lle negou o acceso aos instrumentos musicais e insistía en que debía estudar leis. O duque de Sajonia-Weissenfels, téndoo escoitado tocar o órgano cando tiña nove anos, persuadiu ao seu pai para que recibise educación musical.
A morte do seu pai o 14 de febreiro de 1697, cando Georg estaba por cumprir os 12 anos, significou liberarse da fonte de oposición para os seus estudos musicais.
De 1706 a 1710 permaneceu en Italia, onde coñeceu aos Scarlatti e a Corelli, quen influíron de forma notable na súa música, e onde adquiriu celebridade como organista e como clavecinista.
En 1712 estableceuse de forma definitiva en Londres.
Cego desde 1751, ditou a súa música a J.C. Smith.
Á súa morte, foi enterrado na abadía de Westminster, onde reciben sepultura os personaxes ilustres de Inglaterra.
Outras cousas:
# No celeiro da casa onde vivía, estaba abandonado un vello clavecín: durante a noite escoitábanse sons armoniosos que se atribuían a un trasgo traveso. Pero un día, os habitantes da casa, decididos a aclarar o misterio, provéronse dunha lámpada e de senllos garrotes, e encamiñáronse cara ao celeiro: abriron a porta e, ante o sombro xeral, descubriron que o trasgo traveso non era outro que o pequeno Georg Friedrich quen, vencendo o temor á soidade e a escuridade, deixaba o seu leito para ir recrearse co abandonado instrumento.
# O nome orixinal do compositor alemán era Georg Fiedrich Händel e ao nacionalizarse británico cambiouno por Goerge Frideric Haendel.
# En decembro de 1704, nunha representación da ópera "Cleopatra" de Mattheson, Händel negouse a deixar o seu lugar no clavicordio para que o contiuase tocándoo Mattheson xa que terminara de cantar o papel que tiña na ópera. Este feito motivou que os dous homes se enfrontran nun duelo, onde a vida de Händel salvouse só porque a punta da espada de Mattheson rompeuse ao chocar cun botón da casaca de Händel.
# Haendel saíra un día de verán a pasear cando repentinamente lle sorprendeu unha tormenta, polo que debeu refuxiarse precipitadamente nunha fragua. Deu a casualidade de que o ferreiro canturreaba mentres traballaba. Haendel, fascinado "pola combinación do son do martelo golpeando o metal e o viril timbre da voz do ferreiro", memorizou aquela melodía e en canto chegou á súa residencia, sentou e púxose coa clave, dando forma ao cuarto movemento (Air and Variations), da suite número 5 para clave.
Partitura orixinal do Mesías |
# Händel tardou 21 días en crear "O Mesías". Todo xurdiu grazas a unha carta de Jennens, o poeta que escribira o libreto dalgunha das súas obras anteriores. Nela dicíalle que lle mandaba un novo poema e que esperaba que o mestre dese lirismo ás súas pobres palabras. Händel quedou embaucado polas estrofas e nesas tres semanas non saíu nin sequera da súa habitación. Así conseguiu acabar a súa obra cume.
# O copista ao que lle entregou Händel o borrador do Mesías tardou 21 día en pasalo a limpo o que nos indica a rapidez coa que foi ideada esta composición.
# Durante a execucion do Aleluia, do Mesias, realizada en Londres na primavera de 1743, o rei de Inglaterra, Jorge II quedo tan impresionado que se puxo de pé. A partir de entón, mantense a tradicion de porse de pé o público, cando se interpreta o Aleluia.
# "O Mesías" foi un éxito. Nunca antes se reunira tanto público (700 persoas) para contemplar unha estrea.
# Häendel nunca cobrou diñeiro algún por la sú obra "O Mesías": doouna a un hospital. "Será sempre para os enfermos e para os presos, pois fun un enfermo e con ela cureime; e fun un preso, e ela liberoume".
# Händel dirixiu o seu Mesias ata a súa morte. A comezos de abril de 1759, terminado o concerto, se desmayó e foi levado á súa casa, onde se lle deitou e máis tarde pereceu. O seu desexo era morrer o Venres Santo, pouco lle faltou pouco xa que o día da súa morte, o 14 de abril de 1759, foi Sábado Santo.
# O himno da Champions League é unha adaptacion da súa obra Zadok o sacertote.
Obras máis destacadas:
Audicións
- Almira (ópera) - 1704
- La resurrección (oratorio) - 1708
- Rinaldo (ópera) - 1710
- Música acuática (orquesta) - 1717
- Radamisto (ópera) - 1720
- Julio César (ópera) - 1724
- Orlando (ópera) - 1733
- Seis Concerti Grossi Op. 3 - 1734
- Saúl (oratorio) - 1739
- El Mesías (oratorio) - 1741
- Música para los reales fuegos artificiales (orquesta) - 1749
Audicións
O Mesías: Aleluia ...
Música acuática ...
Música para os reais fogos de artificio ...
Zadok, o sacerdote: Himno de coroación ...